Siniestro Total

De

jueves, 19 de enero de 2012

Compartir recursos en Windows
Para poder compartir os recursos en rede é necesario que na configuración da rede de área local estea activada a casilla Compartir impresoras e arquivos. Para iso, dentro de Conexións de rede, facer clic sobre o botón dereito do rato sobre para ver as súas propiedades.
Compartir carpetas y discos
Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares:
1. Pulsar obotón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.

- Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non moficada.
- Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.
Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha man. Este é o símbolo que identifica ás carpetas compartidas.

Compartir impresoras
No equipo con impresora
1. facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casa Compartir impresora.
4. Premer Aplicar e Aceptar.
5. Visualízase a icona dunha impreosra cunha mas por abaixo.

No resto dos equipos
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase a icona dunha impresora cuns tubiños por abaixo.




Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos 
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux:
Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.
Dende Linux, para ver as carpetas compartidas noutros ordenadores da rede hai que usar a icona Red dispoñible entre as aplicacións do equipo. Os recursos que comparten os equipos con Windows son accesibles facendo clic na icona Red de Windows.

Nesta ligazón atoparemos máis información sobre COMPARTIR RECURSOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario