Siniestro Total

De

jueves, 14 de junio de 2012

Punto 12: Trabajo colaborativo. BSCW y RSS

BSCW

BSCW (Basic Support for Cooperative Work ou, tamén, Be Smart -Cooperate Worlwide) é unha ferramenta informática de tipo software colaborador ou groupware cuxo obxectivo é facilitar o traballo en grupo mediante o uso unicamente dun navegador web e dunha conexión a Internet. BSCW permite, entre outras cousas, almacenar e organizar a información, compartila con outros usuarios, dispoñer de axendas comúns, manter debates, etc. Proporciona, en definitiva, unha serie de utilidades de apoio á colaboración ou á cooperación.

Algunhas das vantaxes que ofrecen os BSCW son:
Permite crear zonas de traballo entre persoas situadas en distintas partes do mundo.
As áreas de traballo teñen restrinxido o acceso unicamente os membros rexistrados.
Os documentos publicados nas áreas de traballo encóntranse dispoñibles en calquera momento e para calquera usuario, posto que se encontran almacenados no servidor e non nos ordenadores locais.
A información contida no BSCW pódese ler e modificar.

Para utilizar o ámbito é necesario rexistrarse previamente. Este proceso, que só se realiza unha
vez, consta de dúas partes:
Primeira parte
. Abrimos a páxina http://cvu.rediris/pub/bscw.cgi/o/21 no navegador.
. Picamos no menú
. Picamos en register
. Cumplimentar os datos
. Picamos no botón OK.

Segunda parte
Para poder continuar co rexistro, o servidor envíanos información á dirección de correo
electrónico que lle indicamos na primeira parte. Abrimos o noso correo onde se nos informa de
os pasos a seguir para a segunda parte:
. Abrimos unha nova sesión do navegador de Internet.
. Escribimos a dirección que se nos indica no correo. Para non cometer erros, utilizaremos
copiar e pegar.
. Cumprimos a segunda parte do rexistro introducindo os datos:
. Picamos no botón OK.
Aparece unha ventá na que
introduciremos o nome de usuario e o contrasinal, e despois picaremos en Aceptar.



RSS 

RSS son as siglas de Really Simple Syndication, un formato XML para sindicar ou compartir contido na web. Utilízase para difundir información actualizada frecuentemente a usuarios que se subscribiron á fonte de contidos. O formato permite distribuír contidos sen necesidade dun navegador, utilizando un software deseñado para ler estes contidos RSS (agregador). A pesar diso, é posible utilizar o mesmo navegador para ver os contidos RSS. As últimas versións dos principais navegadores permiten ler os RSS sen necesidade de software adicional. RSS é parte da familia dos formatos XML desenvolvido especificamente para todo tipo de sitios que se actualicen con frecuencia e por medio do cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas.

Cando falamos de RSS referímonos usualmente á tecnoloxía completa para distribución de contidos dos sitios web. Pero un RSSé realmente un formato de arquivo, baseado en XML, que serve para recoller contidos publicados en páxinas web. Os RSS teñen extensión.rss ou ben.xml, pero en realidade son un simple arquivo de texto onde aparecen referencias a contidos publicados, nun formato específico, creado a partir de XML.

Existen moitas empresas que ofrecen a posibilidade de incluír nas páxinas web, e de forma gratuíta, os seus propios titulares de noticias. Por exemplo, para incluír titulárelos do diario El país, débense realizar os siguentes pasos:

1. Abrir o navegador e conectar coa dirección: http://www.elpais.com/rss/index.html
2. Facer clic sobre unha das categorias de noticias que se mostran na parte central. Por exemplo, España.
3. Seleccionar ao opción Na súa propia páxina, do menú que aparece.
4. Completar o formulario para darse de alta como usuario dos titulares.
5. Facer clic sobre o enlace Continuar.
6.Seleccionar o formato co que se incluirán, o tamaño da ventá e o número de titulares.
7. Cando seleccionemos o formato máis apropiado para a páxina web na que se incluirán os titulares, teremos que facer clic sobre o botón Enviar código.

A forma de incluír o código necesario para que se mostren os titulares na páxina web é a seguinte:
8.Abrir a conta de correo que se utilizo para rexistrarse.
9.Abrir a mensaxe recibida, cuxo asunto será Titulares na súa web de ELPAIS.COM.
10. Abrir o ficheiro código titulares.txt.
11.Visualizar o código fonte se non se tivese aberto cun editor de texto.
12. Copiar o devandito código e pegalo na págian web na que desexa incluír.
13. Gardar e publicar a páxina, para comprobar que funciona correctamente e que os titulares se actualizan en tempo real.



No hay comentarios:

Publicar un comentario