Siniestro Total

De

sábado, 9 de junio de 2012

Punto 9: Traballo colaborativo. Wikis

Ferramentas Colaboradoras
Normalmente, a idea que se ten de interne é a de ser unha gran fonte de información na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas como o correo electrónico, as listas de distribución, os chat e os grupos de noticias permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo delas dende a popularización de internet a estado enfocado mais cara ao ámbito lúdico que cara ao laboral.
Non obstante, as novas ferramentas que xurdiron e a rede están enfocadas á relación dun traballo concreto e, especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de múltiples persoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.


Wiki
Os wikis constitúen unha das formas de colaboración máis novidosas que ofrece internet. Un wiki nun sitio web
que se constrúe a partir do traballo de moitos autores. Basicamente consiste nunha colección de paxinas web, que poden ser visitadas ou editar calquera persoa, sen pasar por ningún tipo de revisión ou censura previa.
O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001 se inicio o proxecto wikipedia, consiste na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en día, é o wiki mais grande que existe en versión inglesa e que se encontra en máis de noventa idiomas.
Un dos principais problemas dos wikis é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos do autor ou, simplemente, incumprir as normas de wiki.
Para solucionar os problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medida como son: bloquear temporalmente o vándalo a través do seu nome de usuario ou a súa dirección IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e, en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos de wiki.

Wikis y blogs
La diferencia entre los wikis y los blogs es que, en el primer caso, se trata de un sitio web construido en colaboración por todas aquellas personas que deseen participar, con el objetivo de crear un lugar de conocimiento, mientras que los blog son creados por una persona, en ellos se publican artículos y opiniones, censurados por el autor, sin un objetivo final. 

Como crear un wiki.
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos deles están en
inglés.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso esta perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispaces.com, para iso teremos que:
1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces.com.
2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
O wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto de información que se desexe incluír, débese:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nome.wikispaces.com)
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save.

O teu wiki
A continuación enuméranse algúns servidores que permiten crear wikis:
Pbwiki.org (www.pbwiki.com)
Xwiki.com (www.xwiki.com)
Wetpain (www.wetpain.com)
Wikispaces (www.wikispaces.com)
SeddWiki (sedwiki.com)
JotSpot (www.jot.com)
EcoWiki (www.e)cowiki.org


No hay comentarios:

Publicar un comentario